Marisa Castro, doutora en Bioloxía, profesora da Universidade de Vigo, é unha das maiores estudosas da botánica do noso país. Autora da “Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia” (Xerais 1982), a primeira guía micolóxica en lingua galega, obra pioneira que continuou con “Setas ou cogumelos de Galicia” (Xerais), extraordinario éxito de vendas nas súas tres edicións, e con “Guía dos cogomelos comúns de Galicia” (Xerais 2000). Obras que completou e revisou en “Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal” (Xerais 2004), a obra que se pode considerar definitiva sobre a micoloxía galega. Tamén é co-autora, xunto con Luís Freire, da exitosa “Guía das árbores de Galicia” (Xerais 1990) e xunto a Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios “Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia” (Xerais 2007).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.