Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, 1952). Licenciado en Psicoloxía. Profesor de ensino secundario no Instituto Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e columnista de La Voz de Galicia e O Correo Galego. Ten publicados varios relatos premiados no concurso do Pedrón de Ouro: “O fillo de Serafín” (1981), “O Quiquiriquí” (1982), e “A alemana” (1986). Posteriormente publicou Turbo (Xerais 1988), Premio Blanco Amor de novela; Álvaro Pino (Xerais 1989), biografía novelada do deportista galego; Sabor a ti (Xerais 1992), finalista do Premio Xerais de novela; “Co dedo nos beizos” (1992), relato incluído nos Contos do Castromil; Selva Negra (Xerais 1993), relatos e O repenique de Beatriz Gondar (2003), Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2002.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.