Mónica Bar Cendón (Vigo, 1962), licenciada en Filoloxía Hispánica e DEA en Teoría da Literatura pola UNED, é especialista en Igualdade e Impacto de Xénero. Ademais é titulada en Interpretación polo Instituto do Teatro de Sevilla e posgrao no Estudio de Carlos Gandolfo, de Bos Aires. No ámbito do feminismo, igualdade e violencia de xénero participa en múltiples publicacións e foros académicos, como demostra a súa colaboración habitual na Festa da palabra silenciada desde 1993, con artigos, contos e recensións teatrais e cinematográficas, ou a publicación do ensaio titulado “Escritoras Dramáticas Gallegas: Dramaturgia de la subversión” na Breve historia feminista de la literatura (vol. VI, 2000). Como tradutora verteu ao galego Canon de alcoba, de Tununa Mercado (Xerais, 1999) e A pedra angular, de Emilia Pardo Bazán (Xerais, 2003). Ademais, redactou o prólogo de Xeo e lume, de Andrea Dworkin (Xerais, 2001); realizou o estudo literario de Non o abras como unha flor, de Mª Xosé Queizán (Xerais, 2004), e publicou o conto “O rosario na tarteira”, incluído no volume Narradoras (Xerais, 2000). En 2010 publícase o seu poemario Amor sacrílego e a obra Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha (Xerais, 2010).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.