Mónica Caldeiro é unha poeta, artista escénica, escritora, investigadora e tradutora galega nada en Barcelona. A súa obra atópase en constante proceso de experimentación co texto poético e coa súa encarnación física. No ano 2011, foi poeta residente no programa de «Spoken Word» do Banff Centre. É autora, en castelán, dos libros «Vaginas, cartografías y asteroides», «La música de los planetas», «Avispero» e «Latitud Sur». En catalán, escribiu o poema-libro «Accident(ade)s de crema(r)». «Estudo sobre o voo dos corzos» (Xerais, 2025) é o seu primeiro libro en galego logo dun fondo proceso de recuperación da lingua materna. Fotografía da autora: Samuel Ramiro e Gabriel Quiñones.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.