Nones Araújo (Riós, Ourense, 1953) naceu a carón de castiñeiros centenarios. Mestra xubilada, deu clase de Lingua nos anos 70 na segunda etapa de E.X.B. no colexio Dr. Fleming, e educación infantil no CEIP de Balaídos. Nos últimos anos exerceu tamén de profesora de Lingua en educación secundaria no IES Alexandre Bóveda de Vigo. Comezou a escribir e a participar en certames literarios que a animaron a manter as neuronas con saúde. En 2020 conseguiu o VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra de Parada de Sil. En 2021 gañou o XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo con Imaxes roubadas (Xerais, 2022) e o Certame Literario Exeria, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo xunto coa Fundación Xoán Piñeiro. Recibir a gratitude do seu alumnado, ver felices aos seus e escoitar o río pola noite na aldea contentan, xunto coa escrita, o seu retiro dourado.
(Foto da autora: Xexé)
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.