PABLO AULADELL (Alacant, 1972). Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Alacant, é ilustrador e historietista. Despois de colaborar co colectivo autoral La Taberna del Ñú Azul, comeza a súa carreira profesional a raíz de obter o Primeiro Premio no Certame Nacional de Cómic Injuve 2000. Realizou ilustracións e historietas gráficas para unha trintena de libros de editoriais como Anaya, De Ponent, Kalandraka, Barbara Fiore, Actes Sud l’An2, etc. O seu traballo foi recoñecido co Segundo Premio ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís 2005, por “Peiter, Peter y Peer y otros cuentos de Andersen´´, co Premio ao Autor Revelación no Salón do Cómic de Barcelona de 2006 por “La Torre Blanca´´ ou co Certame Internacional de Álbum Infantil Ilustrado Cidade de Alacant en 2003 por “Mar de sábanas´´, con texto do escritor Pablo Albo. Así mesmo, participou en diversas exposicións individuais e colectivas en España, Italia e Alemaña. Pablo Auladell é docente do Máster Ars in Fabula en Macerata (Italia) e Presidente de Apiv (Associació Professional d’Il.lustradors de València).
www.pabloauladell.blogspot.com – www.pabloauladell.com
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.