Pablo L. Orosa (Oza dos Ríos, A Coruña, 1985) é xornalista. Iniciou a súa traxectoria profesional en Galicia e dende 2013 traballa como reporteiro freelance de información internacional. Neste camiño cubriu a posguerra iraquí, o conflito kurdo, a transición democrática en Birmania, o xenocidio rohingya, os estragos das maras na sociedade centroamericana (polo que recibiu o premio XII Memorial Joan Gomis), a fuxida dos refuxiados de Sudán do Sur ou a guerra contra o yihadismo en Somalia. Sempre que pode volve a Galicia para escoitar a seu avó contar historias de Foucellas. “Fálame do silencio” (Xerais 2018) é a súa primeira novela.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.