Paula Mayor (A Coruña, 1975). Desde que de pequena descubriu o mundo da ilustración non o abandonou. Deste xeito, a súa profesión dirixiuse inexorablemente cara ao deseño gráfico como maquetadora, infógrafa, deseñadora téxtil e editorial, animación e publicidade etc. Comezou así unha traxectoria que lle permitiu compaxinar o seu labor coa paixón polo debuxo.
Ten traballado en moitos e diferentes ámbitos da ilustración, como libros infantís e xuvenís, portadas, carteis para organismos oficiais… e o seu traballo foi premiado en varias ocasións (tanto en ilustración como en deseño gráfico e cómic). Así mesmo, participou en diversas exposicións colectivas. Pódese ver unha mostra do seu traballo en www.paulamayor.es. Instagram: @paulamayorart
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.