Publicou debuxos de humor nos seguintes medios: A Voz do Pobo, voceiro do PCG; a tira O fillo de Breogán e co mesmo personaxe fixo O tebeo do pobo; Mundo Obrero e La Codorniz; publicou varias viñetas no semanario Teima e, ao desaparecer este, no diario El Pueblo Gallego a tira “O Galo Camilo” e en Hoja del Lunes de Vigo, unha viñeta política; en Faro de Vigo, no suplemento semanal “A Pizarra”, a tira “Maxistérico”; en Faro del Lunes, a tira “Canal Privado”; fundou a revista humorística Can sen dono, da que foi o seu primeiro director; en A Peneira, periódico comarcal, a tira “Robinsón”; na TVG, no programa A trabe de ouro, a tira “O anano do tesouro”; no semanario A Nosa Terra, viñetas políticas; en Diario de Galicia, unha viñeta diaria de humor político; foi fundador do semanario satírico XO! a voz que para as bestas; na revista A trabe de ouro, unha viñeta política.
Tamén publicou unha viñeta política no diario El Mundo. Creador da serie infantil Os Bolechas (uns 50 títulos publicados en distintas coleccións de A Nosa Terra). Debuxante e guionista da serie de banda deseñada Os Barbanzóns (2 títulos publicados: Baroña ou morte, No solpor da Prehistoria) de Toxosoutos. En marzo do 2005 publica na editorial Fervenza o libro de viñetas de humor Peor que antes, mellor que mañán. No libro de banda deseñada colectivo H2 oil publicou unha páxina sobre o asunto Prestige.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.