Quesada (Fernando Quesada Porto) comezou en 1961 a súa actividade como humorista gráfico en Faro de Vigo. Dende entón as súas viñetas publicáronse de forma ininterrompida no xornal decano, ademais de nos diarios Pueblo e ABC, e de revistas como Blanco y negro, Interviú, Cambio 16, La Actualidad Española, La Codorniz, Telerradio, Posible, Ciudadano, Leer…, entre outras. Polo seu traballo como xornalista gráfico ten recibido os máis importantes recoñecementos e premios nacionais e internacionais. A súa obra gráfica foi recollida, até agora, en dez libros. Xerais publicou a súa antoloxía Chispas de Quesada (2007).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.