Ramón Carredano Cobas (Noia, 1950) é traballador da banca e escritor. Nos anos setenta foi cofundador con Xosé Agrelo do grupo de teatro Candea, co que percorreron todas as cidades e vilas de Galicia, levando o teatro aos máis remotos lugares. Actualmente segue vencellado ao teatro na Escola de Teatro Liceo de Noia e colabora nas revistas Casa da Gramática do I.E.S. Virxe do Mar de Noia, e Alameda do Liceo de Noia. Publicou as novelas Frei Samuel (2002), A unlla da aguia (2004), ambas as dúas obras gañadoras do certame de relatos de aventuras Avilés de Taramancos; Unha branca de cobre para Martiño (Xerais-Merlín, 2005), Premio Merlín de Literatura Infantil e Veleno tinto. Unha aventura de frei Samuel (Xerais-Fóra de Xogo, 2008).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.