Ramón Romero Nogueira (Cambados, 1992). Con dezasete anos publicou o seu primeiro poemario, «Berros dende o Alén» (2009), grazas á Asociacion de Ensinantes do Salnés Candea. Estudou Xornalismo na USC e seguiu publicando algún poema e outros textos en revistas universitarias e medios en liña. Ao rematar os estudos foi a Madrid probar sorte e acabou traballando rodeado de libros na libraría dunha multinacional. Despois de cinco anos de asfalto e formigón, decidiu volver a Galicia. Desde 2021 vive en Santiago de Compostela coa súa parella e dúas gatas. Volve estar rodeado de libros, xa que de novo é libreiro: desta vez nunha librería local. Compaxina este labor co traballo como locutor autónomo para publicidade, vídeos corporativos, cuñas radiofónicas etc. En 2021 botou a andar o proxecto de audiolibros en liña «Léocho. Audiolibros en galego», que xa conta cun pequeno catálogo de audiolibros de autores do Rexurdimento e principios do século XX.
En Xerais publicou a obra infantil «A abelliña que perdeu as ás» (2023) e mais o poemario «Millenialismo ou sátira dunha xeración» (2026).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.