Sara Porras naceu en Tarragona (1990). Empezou os seus estudos como ilustradora na Escola de Arte e Deseño da súa cidade natal e máis tarde especializouse en cómic estudando Arte Grafica na Escola Joso de Còmic de Barcelona. Posteriormente formouse como deseñadora gráfica profesional na Escola Massana de Barcelona. No ano 2016 foi seleccionada no catálogo anual de Bologna’s Childrens Book Fair e no Silent Book Contest, concurso de álbum sen texto da mesma feria. En 2017 é tamén seleccionada no Asian Illustrators Awards, que ten lugar na cidade de Taipei, e preseleccionada no certame Ilustrarte de 2018 en Portugal. Actualmente compaxina o seu traballo como ilustradora freelance para diversas editoriais e revistas infantís co oficio de deseñadora gráfica para editoriais do mundo do cómic en España.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.