SILVERIO CERRADELO (Ourense, 1964) pertence a unha familia toda das terras da Limia, de preto de Xinzo. Licenciouse en Veterinaria na Universidade Autónoma de Barcelona e ten traballado sobre todo con fauna salvaxe. Foi membro dos grupos de teatro universitario galego de Barcelona. Traballou tamén como tradutor, como xornalista (colaboracións na revista Integral, en El Periódico de Barcelona e en Vieiros) e en temas de educación ambiental. Dirixiu o proxecto educativo Contacontos nos Pireneos e na cordilleira Cantábrica, para a sensibilización sobre o oso pardo, patrocinado polo WWF/Adena (Fondo Mundial para a Natureza), que durou máis de dous anos. Para este proxecto escribiu o conto A historia da Bavar e do Kiwi, os osos do hospital de fauna de Vallcalent, do cal se publicaron 29.000 exemplares en catalán, castelán, éuscaro, occitano, aragonés e galego. Na actualidade está a rematar Filoloxía Galega na Universidade de Barcelona. Como narrador publicou Os paxaros tamén migran ao sur (Xerais, 2007), Premio Terra de Melide 2006.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.