Susana Suniaga (1981) é unha artista venezonala afincada en Pontevedra. É licenciada en Artes Visuais pola Universidad de los Andes de Mérida, Venezuela, e Máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual.
Participou en exposicións colectivas e individuais por diversos países. Publicou o seu primeiro libro ilustrado como parte do URB-Topias de Pontevedra (2019) e dende entón traballou en diversos proxectos editoriais. No ano 2020 obtivo o premio de Ilustración da XXI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e foi finalista do VI Valladolid Ilustrado e do Concurs Raima D’il·lustració i disseny de Barcelona.
En Xerais, é autora das ilustracións do álbum «A nena lectora», escrito por Manuel Rivas (2021), e da novela «O día que choveron gatos» (2023), de Eva Mejuto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.