Titimoki é unha ilustradora galega formada na escola profesional de cómic e ilustración O Garaxe Hermético de Pontevedra. En 2012 gañou o concurso Microrrelatos de Verán organizado por Zoom Pontevedra. É autora do álbum ilustrado «Ata10» (2020) e participou no libro colectivo de banda deseñada «Infiniteca». Colaborou regularmente no diario dixital Pontevedra Viva cunha viñeta de humor gráfico semanal. En Xerais é autora das ilustracións de «Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope» e é autora total do conto «Pomodoro» (Xerais, 2023).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.