Vicente Araguas (Xuvia-Neda, Coruña, 1950) é un corredor de fondo da literatura galega, poeta, narrador, tradutor e crítico. Escribe a diario unha columna de opinión en Diario de Ferrol, que se complementa con sección dominical en El Correo Gallego que lle ten valido o Premio Reimóndez Portela de xornalismo. Recolleu a súa poesía enteira no volume Maneiras de querer (2006), ao que seguiu Xuvia revisitada (2008). Como narrador publicou as novelas Agora xa foi (2000) e A canción do verán (2001)e o libro de relatos Xuvia-Neda (Xerais 2010). Activista cultural, tradutor, ensaísta e cantautor belixerante, publicou en Xerais Crónica Voces Ceibes (1991), relato da historia do grupo homónimo do que fora cofundador, e do que anuncia a vindeira continuación, con O que non contei en Voces Ceibes. Vicente Araguas é Fillo Predilecto do Concello de Neda.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.