Xosé Luís Mosquera Camba (Guísamo, 1961) escribe e fai colaxes, se é que non vén sendo unha única cousa. O seu primeiro libro publicado foi «A tensa calma da catapulta» (2003). Despois virían «Nadja c’est moi» (2008, X Premio de Poesía de Carral), «Amebas» (2008, accésit do XXVII Premio Esquío de Poesía), «Das árbores tropicais e do amor» (2018, XX Premio de Poesía de Carral), «A traxedia da arquitectura» (2021, IV Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro), «Parhelio» (2021, XX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño) e «Trece maneiras de mirar un almanaque» (Xerais, 2025, XXVII Premio de Poesía Johán Carballeira). En 2007 editou en formato blog o híbrido «Biolencia» (https://bio-lencia.blogspot.com/).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.