Nado na Coruña en 1952, Xavier Correa Corredoira é un recoñecido pintor, gravador e escultor. Xunto con outros artistas coruñeses dos anos setenta, iniciou a súa carreira artística vinculado ao grupo Galga. A principios dos anos oitenta, uniuse á creación do colectivo Atlántica, co que participou nas famosas exposicións de Baiona, Madrid, Salvaterra de Miño e Compostela. Artista inquedo e capaz, Corredoira experimenta con diversas disciplinas artísticas como a escultura, a cerámica, os murais, a pintura de cabalete ou o gravado. Xa nos anos oitenta constituíu, xunto con outros artistas coruñeses, a emblemática asociación local GrupOrzán, cunha vontade democratizadora do mercado artístico. Con este grupo participa na edición de ARCO 87. Nas súas obras son constantes as referencias á natureza, á literatura e ao propio subconsciente, cunha forte carga de sensibilidade. Nos últimos anos dedicou gran parte do seu traballo á escultura e ás grandes composicións cerámicas en espazos abertos, como medio de conexión máis directa coa vida mesma. Para Xerais ilustrou os poemas de Xavier Seoane que conforman «Cancións para Ana Lúa» (Xerais, 2021).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.