Xoán Abeleira, fillo de emigrantes galegos, nace en Maracay, Venezuela, en 1963. Aos dez anos instálase coa súa familia en Madrid, onde cursa diversos estudos e se inicia como poeta, narrador, tradutor, xornalista, músico, guionista e director teatral. En 1999, decidido a comprometerse ética e profesionalmente coa lingua e mais a cultura dos seus, trasládase a Galicia. Desde entón publicou en galego dous poemarios (Animais Animais e As nosas sombras no Xardín de Serralves), un ensaio lírico e fotográfico verbo do artista Manfred Gnädinger (A pegada de Man, Xerais 2006 ), os catro primeiros volumes da serie para nenos As aventuras de Nunavut (Xerais, 2003) , dúas traducións (Porca terra, de John Berger, e O viaxeiro astral, de Jack London) e un cento de artigos e colaboracións nos xornais El País, La Opinión de A Coruña e Galicia Hoxe. Arestora coordina o proxecto multidisciplinar Fuso Negro e participa nas accións do Grupo Surrealista Galego.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.