Xosé Antonio Perozo (Llerena, Extremadura, 1951), escritor e xornalista, reside en Galicia dende os anos setenta. Traballou en diversos medios de comunicación e foi director da Área de Cultura da TVG e director da Enciclopedia Galega Universal. Ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen desde obras de teatro: Tal vez Francisco de Zurbarán; pasando por contos infantís: O enigma de Embívicus (1992), Contos máxicos, Aquellos días malditos (1997), O vento de Antón (Xerais 2004); a libros de divulga-ción: Quen é quen no primeiro Parlamento Galego (Xerais 1982). Como narrador os libro de relatos Segunda convocatoria (Xerais 2004) e Bailables (1994) e as novelas La furia del carnero (1994), Martazul (Premio Blanco Amor 2001); Caderno de Riparia (Premio de Novelas por Entregas de La Voz de Galicia 2003, Xerais 2004), Rosas para Gabriela (2004), 5 de agosto de 1936 (2005) e Espérame (Xerais 2006).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.