Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez (Pontevedra, 1936-1995), desenvolveu unha actividade feraz no xornalismo audiovisual e sempre se sentiu abraiado polo cine. Ademais, foi un afervoado militante cultural que se iniciou no grupo Brais Pinto, e tamén político, na procura dunha díficil síntese entre o PCE e o nacionalismo galego de esquerdas. A súa obra poética, encadrada na denominada Xeración das Festas Minervais, recolle os libros “Indo pra máis perto” (1979), onde reedita o esgotado “Acoitelado na espera” (1960) e o premiado e inédito “Doente na espranza” (1962), xunto a novos textos; e o póstumo “A señardade no puño” (1996). A súa obra poética foi reeditada, en edición de Miro Villar, no volume “Indo para máis perto”. “A señardade no puño” (Xerais 2004).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.