Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre e profesor de historia xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e máster en Educación Ambiental (Fundación Universidad-Empresa. UNED). En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica. Escribiu artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal «Nós Diario» e dende 2008 mantén activo o blog «Pontevedra nos anos do medo» (http://anosdomedo.blogspot.com), dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. As súas publicacións máis destacadas son «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)» (Xerais, 2013), «Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión» (2016) e «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)» (Xerais, 2022). É ademais coautor de «Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron» (2017), «Rebeldía galega contra a inxustiza» (2018), «O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo» (2021) e «Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita» (2021).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.