Xosé Feixó Cid (Baiona, 1957), traballa na actualidade como profesor de linguas oficiais na Universidade Popular de Vigo, despois de exercer como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Filólogo especializado en lexicografía, ten publicados numerosos traballos na materia, entre os que destacan diversos dicionarios, así como varias publicacións sobre lingua, en especial dedicadas á ortografía, ao estilo e á práctica gramatical. É tamén colaborador na crítica xornalística, nomeadamente no “Faro da Cultura”. En Xerais publicou o Dicionario Galego dos Nomes (2003), Gramática da lingua galega (2004) e Dicionario Ortográfico Galego. (2006).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.