Xosé Luís Axeitos (Asados, Rianxo, 1945), catedrático e membro da real Academia Galega, considérase debedor do maxisterio do profesor Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ó século XVIII, coeditando as cartas do P. Sobreira e a obra de Cornide, Descripción del Reino de Galicia.
No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luis Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Axeitos tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia, tanto dende a perspectiva artística como dende o punto;de vista das artes gráficas e a súa función nas culturas periféricas. É autor da biografía “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía” (Xerais, 2017).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.