Xosé Manuel Pereiro (Monforte de Lemos, 1956), é na actualidade redactor de TVE na Coruña, correspondente de El País, director da revista cultural Bravú e coeditor do portal Bravú.net. Foi un dos fundadores da publicación La Naval (1986-87), e letrista e cantante do grupo de rock Radio Océano. Dende 1988 foi director e guionista de diversos programas de televisión: Canal 13 (1988), Composteláns (1989) e ¡Que Serán? (1999). Dende 1981 vén escribindo en diferentes xornais galegos, desde Faro de Vigo a La Voz de Galicia. En outubro de 2000 iniciou o seu labor como columnista en La Opinión de A Coruña. Si home si (Xerais 2001)é o seu primeiro libro.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.