Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como “Literatura galega medieval” (1992), “Manuel Antonio e a vangarda” (1996), “Xograres do mar de Vigo” (Xerais, 1998) ou “Historia da literatura medieval galego-portuguesa” (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción, “O reverso do espello” (Xerais, 1984), “Para despois do adeus” (Premio Xerais, 1987), “Paixóns privadas” (Xerais, 1991), “A era de Acuario” (Xerais, 1997), “Fado de princesa” (2005), “A batalla do paraíso triste” (Xerais, 2008), “Como en Alxeria” (Xerais, 2012) e “Todas as vidas” (Xerais, 2020). Director do suplemento Faro da Cultura e columnista do xornal «Faro de Vigo», son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: “Na noite estrelecida” (Xerais, 1988), “Da terra asoballada” (Xerais, 1989), “No desterró” (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, “Ramón Cabanillas. Poesía galega completa” (Xerais, 2009).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.