Xulio Pardellas é doutor en Economía e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Imparte docencia de Economía Mundial, Europea e de España nos campus de Pontevedra e Vigo. É autor do manual “Economía básica” (Xerais, 2006), ademais de participar nos colectivos “España e Europa: do franquismo ao euro” (Xerais, 2002), e “A Unión Europea” (Xerais, 2003). As súas liñas de investigación principais oriéntanse ao desenvolvemento local e á economía do turismo, ámbitos nos cales ten publicados un gran número de libros, destacando entre os máis recentes nos que ten participado: “Informes da Economía Galega” (Fundación Caixagalicia, 2003, 2004 e 2005), “El impacto del Prestige” (2003), “Segundos Estudios Estratéxicos do Eixo Atlántico” (2005), “La actividad turística española en 2004” (2005). Así mesmo, como director, publicou: “Turismo cultural e ambiental” (2003), “Potencial turístico de territorios periféricos” (2004) e “Turismo religioso: o Camiño de Santiago” (2005). Tamén é presidente da Asociación Galega de Ciencia Rexional (AGCR), vogal da directiva da Asociación de Científicos e Investigadores en Turismo (AECIT) e membro do comité de dirección do Centro de Estudios da Eurorrexión (CEER).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.