https://hablamosdelibros.es/producto/a-batalla-da-pequena-chanan-curi-coca/104929A batalla da pequena Chañan Curi CocaA nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia para lograr un aprazamento e evitar que os tres queden na rúa. Por riba, desde que a avoa Elizabeth marchou, os domingos perderon a maxia dos contos incas e cidades perdidas que tanto lle gustaban a Noelia. Como a guerreira inca Chañan Curi Coca, a escolleita, que nunca se rende, Noelia pensa nunha nova estratexia para, chegada a hora da batalla, organizar a defensa coa axuda da súa veciña Mamá Huaco.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00330701-600x845.jpg6.99instockLiteraturaLibros infantilesNovela literariaA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00330701-300x300.jpg98761987299874198705987436.990.000.002023-02-20T21:53:03+02:00
A batalla da pequena Chañan Curi Coca
A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia para lograr un aprazamento e evitar que os tres queden na rúa. Por riba, desde que a avoa Elizabeth marchou, os domingos perderon a maxia dos contos incas e cidades perdidas que tanto lle gustaban a Noelia. Como a guerreira inca Chañan Curi Coca, a escolleita, que nunca se rende, Noelia pensa nunha nova estratexia para, chegada a hora da batalla, organizar a defensa coa axuda da súa veciña Mamá Huaco.
A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia para lograr un aprazamento e evitar que os tres queden na rúa. Por riba, desde que a avoa Elizabeth marchou, os domingos perderon a maxia dos contos incas e cidades perdidas que tanto lle gustaban a Noelia. Como a guerreira inca Chañan Curi Coca, a escolleita, que nunca se rende, Noelia pensa nunha nova estratexia para, chegada a hora da batalla, organizar a defensa coa axuda da súa veciña Mamá Huaco.
Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», á que seguiron «Corazóns amolecidos en salitre» (2002); «Resistencia» (Xerais, 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; «O xardín da media lúa» (2004); «Veu visitarme o mar» (Xerais, 2004); «Ás de bolboreta» (Xerais, 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; «Sol de Inverno» (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; «Sibila» (Xerais, 2021) e «A noite das cebolas» (Xerais, 2024). En 2013 publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.»: «Ámote Leo A. Destino xalundes» (Xerais, 2013), ao que seguiron «Ámote Leo A. Estación de tránsito» (Xerais, 2014) e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas?» (Xerais, 2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou «Orestes perde o sentido!» (2019) e, na colección Merlín, «A batalla da pequena Chañan Curi Coca» (2017), «Xelís, o guieiro das botellas de mar», Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea» (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, «Catro plumas de dinosauro» (2022) e «Faísca, a nena neandertal» (2024).
Fotografía da autora: Manuel G. Vicente.
Almudena Aparicio (1978). Dende moi nova mostrou interese polo debuxo e a súa familia puxo todas as ferramentas necesarias para desenvolver as súas capacidades creativas, malia que nunca imaxinaron que nun futuro esta sería, ademais da súa paixón, a súa saída profesional. Moi pouco tempo despois de rematar os seus estudos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, comezou a colaborar coa editoral Anaya na ilustración de libros de texto. Dende entón traballou en múltiples publicacións infantís, libros de texto, aplicacións interactivas e traballos con fins publicitarios e divulgativos. Ten publicados en Xerais os libros: "O gato fantasma" (2013) de Xelís de Toro e "A batalla da pequena Chañan Curi Coca" (2017) de Rosa Aneiros. Mantén a súa paxina www.almudenaaparicio.com
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!