Olalla é unha regular estudante de final do 2º ciclo de primaria. O feito de suspender un exame obriga á protagonista a cumpri-la “penitencia” de atravesa-lo soto da casa abandonada, envolta na escuridade e polo medio da auga. O achado dun óso desencadea a aventura secreta de toda a panda. Polo medio, diferentes situacións que amosan as relacións coas persoas adultas, a amizade, as mancaduras, as vacacións, a escola, as trasnadas, os agasallos de Nadal, etc. O desenlace feliz, co descubrimento no soto da casa dunha tumba enigmática e dunha bolsiña de coiro con sete aneis de ouro.
Unha casa abandonada, da que morreron tódolos seus moradores hai moito tempo, e unha panda de rapaces e rapazas son os ingredientes deste libro de aventuras, que obtivo o Premio Merlín an súa primeira edición no ano 1986.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.