Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de casos que lle propoñen para investigar.
A aparición dun cadáver nas augas do porto virá interromper as súas actividades de investigador a comisión para verse metido nos turbios manexos dun grupo de «prestixiosos industriais da nosa cidade», como lles chaman os xornais.
Entre a tépeda rede que tece Severo, o matón que fai os traballos sucios e cobre as costas dos patróns, Mauro irá descubrindo os puntos onde a droga e a prostitución conectan cos negocios «decentes», como tamén se entrecruzan os mundos da xuventude e dos adultos. Ao final saberemos quen son os que levan os beneficios e quen as miserias destas relacións.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.