https://hablamosdelibros.es/producto/a-galicia-moderna-1880-1939-2/328874A Galicia moderna (1880-1939)A sociedade e o territorio da Galicia contemporánea son produtos históricos. Só así se entende que esa sociedade se construíse sobre a base de mecanismos sociais de igualación postos en cuestión nos distintos procesos de cambio e ruptura que se deron no país entre 1880 e 1939. Foi unha época de importantes transformacións na Galicia rural e urbana, un tempo contraditorio, tanto en Galicia como en Europa, ao cal nos achegamos neste libro para poñer de manifesto o impacto dos grandes avances tecnolóxicos, a extensión das formas democráticas e os logros de benestar social, cando homes e mulleres procuraron partillar un poder vedado para a maioría. Un tempo, o daquela modernidade, que rematou co descenso ao fondo dos fascismos a resultas do golpe de Estado de 1936.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/04/XG00427701-600x899.jpg9.99instockLiteraturaLiteratura contemporánea00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/04/XG00427701-300x300.jpg98739986999870998765987379.990.000.002026-04-01T07:22:17+02:00
A Galicia moderna (1880-1939)
A sociedade e o territorio da Galicia contemporánea son produtos históricos. Só así se entende que esa sociedade se construíse sobre a base de mecanismos sociais de igualación postos en cuestión nos distintos procesos de cambio e ruptura que se deron no país entre 1880 e 1939. Foi unha época de importantes transformacións na Galicia rural e urbana, un tempo contraditorio, tanto en Galicia como en Europa, ao cal nos achegamos neste libro para poñer de manifesto o impacto dos grandes avances tecnolóxicos, a extensión das formas democráticas e os logros de benestar social, cando homes e mulleres procuraron partillar un poder vedado para a maioría. Un tempo, o daquela modernidade, que rematou co descenso ao fondo dos fascismos a resultas do golpe de Estado de 1936.
A sociedade e o territorio da Galicia contemporánea son produtos históricos. Só así se entende que esa sociedade se construíse sobre a base de mecanismos sociais de igualación postos en cuestión nos distintos procesos de cambio e ruptura que se deron no país entre 1880 e 1939. Foi unha época de importantes transformacións na Galicia rural e urbana, un tempo contraditorio, tanto en Galicia como en Europa, ao cal nos achegamos neste libro para poñer de manifesto o impacto dos grandes avances tecnolóxicos, a extensión das formas democráticas e os logros de benestar social, cando homes e mulleres procuraron partillar un poder vedado para a maioría. Un tempo, o daquela modernidade, que rematou co descenso ao fondo dos fascismos a resultas do golpe de Estado de 1936.
Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa, Ribadeo, 1961) é catedrático de Historia Contemporánea da USC, director científico do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) e actual presidente da Sociedade de Estudios de Historia Agraria (SEHA).
Especializado na historia das sociedades rurais e o cambio tecnolóxico agrario, dirixiu proxectos, teses e publicou traballos sobre a construción da modernidade no mundo rural e, tamén, sobre o tempo do golpe de estado, a guerra e a ditadura. Desde 2023 é académico da RAG.
Entre os seus libros recentes conta, en colaboración, «Galicia, un golpe sin cuartel, una guerra sin trincheras, 1936-1960» (2023); «Farming, Veterinarization and Consumers in the Twentieth-Century Western Europe» (2023); «Senderos de la Historia. Miradas y actores en medio siglo de historia rural» (2021); «Leche y Lecheras en el Siglo XX, (2020); «1936. Un nuevo relato» (2020) e «Agriculture in the age of fascism: authoritarian technocracy and rural modernization, 1922-1945», (2013). En Xerais publicou «Labregos con ciencia, 1850-1939» (1992); «Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea» (2021); «Terra e Progreso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea» (2000); «Os montes veciñais en man común: o patrimonio silente» (2006) e «A Galicia moderna (1880-1939). Unha sociedade activa, unha economía innovadora» (2026).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!