https://hablamosdelibros.es/producto/a-gruta-da-torre/142625A gruta da torreRematado o curso, Lois viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela... Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. Onde estará? Deciden que teñen que atopalo. A investigación vese sacudida pola aparición dunha foca, Cuquita, e tamén por uns estraños sucesos no faro da Illa Pancha. Quen os persegue? Por que un home lles amosou unha pistola? Quirina e Estrela tamén procuran a resposta. Namentres, Marquiños escoitou a voz de seu pai no mar...
Unha aventura trepidante, atravesada pola forza da amizade, os primeiros amores e o valor dos libros, no Ribadeo de 1990.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00352401-600x921.jpg3.99instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00352401-300x300.jpg98805997229838999030997203.990.000.002023-02-22T13:13:51+02:00
A gruta da torre
Rematado o curso, Lois viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela… Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. Onde estará? Deciden que teñen que atopalo. A investigación vese sacudida pola aparición dunha foca, Cuquita, e tamén por uns estraños sucesos no faro da Illa Pancha. Quen os persegue? Por que un home lles amosou unha pistola? Quirina e Estrela tamén procuran a resposta. Namentres, Marquiños escoitou a voz de seu pai no mar…
Unha aventura trepidante, atravesada pola forza da amizade, os primeiros amores e o valor dos libros, no Ribadeo de 1990.
Rematado o curso, Lois viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela… Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. Onde estará? Deciden que teñen que atopalo. A investigación vese sacudida pola aparición dunha foca, Cuquita, e tamén por uns estraños sucesos no faro da Illa Pancha. Quen os persegue? Por que un home lles amosou unha pistola? Quirina e Estrela tamén procuran a resposta. Namentres, Marquiños escoitou a voz de seu pai no mar…
Unha aventura trepidante, atravesada pola forza da amizade, os primeiros amores e o valor dos libros, no Ribadeo de 1990.
Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista. Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Forma parte do comité de redacción da revista «Luzes» e colabora con diversos medios. No eido da dramaturxia gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con «Saltimbanqui» (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval. Como poeta, publicou «LP» (2013), «Long Play» (Xerais, 2017) e «Lugo Philadelphia» (Xerais, 2023), con fotografías de Alba Díaz. En 2017 gañou o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia nese ano por «Blues do rei Bergman=B.B. King». Con «A gruta da torre» (Xerais, 2022) gañou o V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, con «A tribo do mar» (Xerais, 2023) o XVI Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil e con «Cartas na escuridade» gañou o VI Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil 2024 e o Premio Follas Novas ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil 2025. «Hoxe toca Leiva?» (Xerais, 2026) é a súa primeira novela dirixida a lectorado adulto.
Fotografía do autor: Alba Díaz.
Rosalía Díaz (Begonte, 1986) estudou Deseño Gráfico en Zaragoza, onde viviu dezasete anos e desenvolveu diferentes proxectos relacionados co deseño, a ilustración, a pintura e a música. Na súa obra artística expresa diferentes inquedanzas e ideas, como o feminismo, o amor pola terra e a xustiza social. Na actualidade reside en Galicia, onde traballa como deseñadora e ilustradora. Parte do seu traballo pode verse en www.rosaliadiazcreativa.com. «A gruta da torre» (2022) é a súa primeira obra ilustrada en Xerais.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!