https://hablamosdelibros.es/producto/a-lagoa-das-nenas-mudas/101678A lagoa das nenas mudasAmina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peitéanse coma ela..., son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente.
A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración, o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralingüistica ou o coñecemento da cultura africana son algúns dos temas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00125101-600x913.jpg10.95instockLibros infantilesA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00125101-300x300.jpg98387102447102419996669972210.950.000.002023-02-20T19:54:34+02:00
A lagoa das nenas mudas
Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peitéanse coma ela…, son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente.
A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración, o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralingüistica ou o coñecemento da cultura africana son algúns dos temas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante.
Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peitéanse coma ela…, son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente.
A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración, o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralingüistica ou o coñecemento da cultura africana son algúns dos temas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante.
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é un dos grandes nomes da literatura galega, distinguida ao longo da súa traxectoria con prestixiosos premios e recoñecementos. Deuse a coñecer en 1991 coa novela xuvenil «Mutacións xenéticas», ano en que gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil con «Dúas bágoas por Máquina» (1992-2025). En 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «O misterio dos fillos de Lúa», obra que xa obtivera o Barco de Vapor 1994. Desde entón, publicou máis de setenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís, aos que lles hai que sumar as historias recollidas en volumes colectivos. Ademais, colabora en prensa con artigos e traballos para diferentes publicacións. Os seus libros, escritos orixinalmente en galego, tradúcense acotío a outras linguas. Desde novembro de 2013 forma parte da Real Academia Galega. Foi candidata ao premio Andersen en 2024 e ao Astrid Lindgren en varias ocasións. En Xerais publica unha parte importante da súa obra; os títulos máis recentes son «Historia da bicicleta dun home lagarto» (2014), «O xenio da Cidade do Sal» (2021), «A Muller Xabaril» (2023) e «Operación Lola Carola» (2027).
A súa web é fina.casalderrey.com
Patricia Castelao (A Estrada, 1974) é ilustradora e membro do Estudio Baobab. Traballou en diversos proxectos de animación con Dygra films, Filmax Animation e Ilion Animation Studios. No ano 2004 comezou o seu traballo como ilustradora de libros infantís co volume Contos prodixios I de Xosé Miranda e Antonio Reigosa e Álvaro e Álvaro de Xosé Miranda, ambos os dous publicados por Xerais. Dende entón ten realizado importantes traballos de ilustración de libros de texto, preparación de carteis e a ilustración de textos de literatura infantil, como: Si de Gloria Sánchez (2005), Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca de Xosé Miranda (Xerais 2006), Unha cabana na lúa de Jaureguizar (2007), A lagoa das Nenas Mudas de Fina Casalderrey (Xerais 2007), Amancio Amigo e o demo da botella de Xosé Miranda (Xerais 2008), O sombeiro Chichiriteiro de Manuel Rivas (Xerais 2009) e Malos tempos para os fantasmas de Agustín Fernández Paz (Xerais 2012). Foi seleccionada para representar a España na Feira do Libro de Frankfurt 2006.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!