https://hablamosdelibros.es/producto/a-lavandeira-de-san-simon/105053A lavandeira de San Simón«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...»
A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir. https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00311401-600x833.jpg17.50instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00311401-300x300.jpg10277510750710660510694710658517.500.000.002023-02-20T21:57:41+02:00
A lavandeira de San Simón
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen…»
A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen…»
A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.
Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. Foi docente durante dez anos no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e fixo a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais para formato álbum ilustrado, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas ''22 segundos'' (2017), ''Memoria do silencio'' (2019), ''A ladroa da biblioteca de Meirás'' (2022), coas cales quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, así como a novela infantil ''O día que choveron gatos'' (2023) (obra finalista do Premio Merlín en 2022) e o álbum ilustrado por Víctor Rivas ''Dez gatiñas viaxeiras'' (2019). Xunto á ilustradora Bea Gregores publicou os álbums ''A lavandeira de San Simón'' (Xerais, 2020) e ''Cando leo'' (Xerais, 2022). En 2025 publica xunto con Lucía Cobo, o álbum "Sei cantar e sei bailar" e mais a obra coa que gaña en 2024 o VIII Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade: ''Queco e Kika" (Xerais, 2025). É autora do álbum ilustrado ''Os fíos de Begoña. Unha biografía de Begoña Caamaño" (Xerais, 2026), con ilustracións de Nuria Díaz.
Bea Gregores naceu en Vigo en 1995. Graduada na Universidade de Belas Artes de Pontevedra e licenciada no máster universitario en libro ilustrado e animación
audiovisual, especialízase nos campos de ilustración e deseño.
Foi gañadora de diversos premios no mundo da ilustración e do cómic, como o Primeiro Premio La Palabra Pintada, categoría artista nova, e o Primeiro premio Xuventude Crea na sección de Banda Deseñada, ademais de participar e comisariar varias exposicións.
Actualmente traballa como ilustradora editorial en Galicia. En Xerais ilustrou os álbums «A lavandeira de San Simón» (Xerais, 2020) e «Cando leo» (Xerais, 2022), e mais o ensaio «Douche a miña palabra» (Xerais, 2021). As mulleres que cultivaban néboas (Xerais, 2022) é o primeiro álbum que asina como autora total, do texto e das ilustracións.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!