https://hablamosdelibros.es/producto/a-malvada-maria-xose/101699A malvada María XoséMaría Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas.
Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada.
A partir de aquí iníciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla. Toda a historia culmina nas ruínas do Pasatempo, o fermoso monumento de Betanzos, coa oportuna intervención da policía, xusto cando os da panda estaban máis apurados, poñendo así fin a un asunto que, a partir dunha broma de rapaces, rematara por se converter en algo de vital importancia para a orde estratéxíca mundial.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00037003-600x844.jpg9.95instockLibros infantilesA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00037003-300x300.jpg98273982658247182473982699.950.000.002023-02-20T19:55:15+02:00
A malvada María Xosé
María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas.
Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada.
A partir de aquí iníciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla. Toda a historia culmina nas ruínas do Pasatempo, o fermoso monumento de Betanzos, coa oportuna intervención da policía, xusto cando os da panda estaban máis apurados, poñendo así fin a un asunto que, a partir dunha broma de rapaces, rematara por se converter en algo de vital importancia para a orde estratéxíca mundial.
María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas.
Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada.
A partir de aquí iníciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla. Toda a historia culmina nas ruínas do Pasatempo, o fermoso monumento de Betanzos, coa oportuna intervención da policía, xusto cando os da panda estaban máis apurados, poñendo así fin a un asunto que, a partir dunha broma de rapaces, rematara por se converter en algo de vital importancia para a orde estratéxíca mundial.
Miguel Vázque Freire (Corcubión, 1951) e colaborador como crítico de literatura infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil "Golfiño" e codirector da colección Merlín de Xerais, ademais de co-autor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais (1990-2008) como membro do grupo de Didáctica da Filosofía Enxergo e promotor de «Pé de Imaxe» e de Nova Escola Galega. Como especialista en didáctica da filosofía publicou: "Nietzsche" (Xerais, 1990); "Iniciación á Estética" (Xerais, 1993); "Política e Sociedade" (Xerais, 1993); "Mandar, obedecer, rebelarse" (Xerais, 1996), "O moucho voa" (Xerais, 2022) ademais de realizar a tradución para o galego da obra de R. Descartes "O discurso do método" (Xerais, 2000). Para o público infantil publicou: "As aventuras do Gato Bógar" (Xerais, 1989); «O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor», conto incluído no volume "Contos da campaña 3" (1992); "A cor do elefante" (1994); a peza teatral, en colaboración con Gloria Sánchez, "A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos" (Xerais, 1995), "A primeira máquina de fotos" (1998), "O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos" (1998), "María é maior" (2007), "Contos de Reis e de Nadal" (Xerais, 2007), "O souto escuro e perigoso" (Xerais, 2011), "Fadita fosca!" (2013). Como narrador publicou: "Proxecto pomba dourada" (1987, Xerais, 2000), novela; "A malvada María Xosé" (Xerais, 1989), novela; "Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos" (Xerais, 1993), relatos; "Anxos en tempos de chuvia" (Xerais, 1997), novela, incluída na Lista de Honra do IBBY 1999 e "Demos de verán" (Xerais, 2017), novela. A súa obra está traducida a todas as linguas peninsulares.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!