En Galicia é costume arraigado dispoñer dunha parte do terreo da casa para a horta familiar. A evolución da agricultura, que introduciu novas técnicas de cultivo, tamén trouxo consigo malas interpretacións acerca do que se debe e non se debe facer.
A nosa horta é un manual encamiñado a corrixir, orientar e confirmar as boas prácticas agrícolas dentro das nosas casas e partindo da nosa realidade. O carácter didáctico do libro, con ilustracións, fotografías e debuxos, faino axeitado tanto para o agricultor profesional como para o afeccionado, pois aborda en profundidade os temas hortícolas de Galicia.
A nosa horta trata todos os aspectos de solo, planta, clima, protección e ordenamento dos cultivos, así como a propia saúde das plantas, aplicados a máis de 40 cultivos.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.