https://hablamosdelibros.es/producto/a-ultima-xastra-2/330641A última xastraNunha casa de pedra da rúa Pitelos agóchase un segredo de seiscentos anos: a xastrería Núñez, último testemuño dunha estirpe de xastres que vestiu tsarinas, científicas de Nobel e estrelas de cine. Pero a Aldara, a única herdeira deste legado extraordinario, non lle interesa coser. Nadiña. Cando os xastres da familia, espallados polo mundo enteiro, depositan nela a última esperanza de que o oficio continúe, Aldara embárcase nunha viaxe fascinante que a levará por destinos que nin imaxinaba para coñecer ese gran tesouro familiar.
Unha aventura divertida e entrañable sobre a identidade, a valentía e o valor do artesanal. Porque tradición e modernidade non están rifados.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/08/XG00424801-600x845.jpg13.50instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/08/XG00424801-300x300.jpg102447102469988969972010246313.500.000.002026-08-12T07:29:12+02:00
A última xastra
Nunha casa de pedra da rúa Pitelos agóchase un segredo de seiscentos anos: a xastrería Núñez, último testemuño dunha estirpe de xastres que vestiu tsarinas, científicas de Nobel e estrelas de cine. Pero a Aldara, a única herdeira deste legado extraordinario, non lle interesa coser. Nadiña. Cando os xastres da familia, espallados polo mundo enteiro, depositan nela a última esperanza de que o oficio continúe, Aldara embárcase nunha viaxe fascinante que a levará por destinos que nin imaxinaba para coñecer ese gran tesouro familiar.
Unha aventura divertida e entrañable sobre a identidade, a valentía e o valor do artesanal. Porque tradición e modernidade non están rifados.
Nunha casa de pedra da rúa Pitelos agóchase un segredo de seiscentos anos: a xastrería Núñez, último testemuño dunha estirpe de xastres que vestiu tsarinas, científicas de Nobel e estrelas de cine. Pero a Aldara, a única herdeira deste legado extraordinario, non lle interesa coser. Nadiña. Cando os xastres da familia, espallados polo mundo enteiro, depositan nela a última esperanza de que o oficio continúe, Aldara embárcase nunha viaxe fascinante que a levará por destinos que nin imaxinaba para coñecer ese gran tesouro familiar.
Unha aventura divertida e entrañable sobre a identidade, a valentía e o valor do artesanal. Porque tradición e modernidade non están rifados.
María Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana.
Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como «Ecoloxía na Aula» (1997), «O libro do noso mar» (1999), e de ficción pedagóxica, como «Boa sorte» (2008) ou «O tempo do revés» (2008). O recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: «A verdadeira historia da mosca de tele» (2012), «As meigas de Lupa» (Xerais 2012), «Teño uns pés perfectos» (2015), «O meu pesadelo favorito» (2015) ou «Os nenos da varíola» (2017). En Xerais publicou tamén a novela «As horas roubadas» (Xerais, 2016) e os libro infantís «Quokka Moka» (Xerais, 2019) e «A última xastra» (Xerais, 2026). En 2022 conseguiu o Premio Xerais de Novela coa obra «A culpa» (Xerais, 2022), e en 2023 quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «Adeline» (Xerais, 2024). Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook.
Xiana Teymoy (Vigo, 1982). Especializada en ilustración e deseño gráfico pola Universidade Politécnica de Valencia, deseguida dirixe o seu traballo cara ao ámbito da ilustración infantil e xuvenil. Colabora con varias revistas infantís e ilustra para diversas editoriais en proxectos tanto de carácter didáctico como narrativo. Alén das fronteiras, traballa en proxectos para o estranxeiro a través dunha axencia que a representa no Reino Unido e nos Estados Unidos. En Xerais é autora das ilustracións de «Plan de rescate» (2020), «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (2021), «Demetrio Demoscopio perdeu a chispa» (2022), «A botella de lentellas» (2023) e «A última xastra» (2026).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!