Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy. Para eles, dous mozos emigrantes, A Veiga, o seu territorio de orixe, quedara conxelada no mesmo día que a abandonaran, converténdose nun tempo distinto.
Narrada cunha prosa elegante e medida, esta novela retrata, dende o punto de vista das mulleres, o percorrido vital dunha comunidade de emigrantes galegos en Londres durante a década de 1960. Os límites dos vínculos afectivos entre cada un dos seus membros, o amor, a soidade son temas principais dun relato onde o valor das emocións ten un peso decisivo. Mais, tamén, percorren as páxinas da novela as profundas mudanzas sociais que xermolaron na Europa daquel momento, dende o nacemento do movemento de liberación da muller e do sindicalismo feminino ao agromar da música pop e da súa cultura, fenómenos que anos máis tarde tanto influíron nos cambios profundos da sociedade galega.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.