Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculento asasinato de Xulio Afonso, un profesor de instituto, no que axiña detectan a existencia de moitos ángulos mortos e detalles, aparentemente insignificantes, tras os que se ocultan segredos, mentiras e unha historia de amor.
Acio sanguento, premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia 2005, é unha novela de xénero policial clásica e pura na que o autor rende unha homenaxe a Colleita vermella de Dashiell Hammett.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.