https://hablamosdelibros.es/producto/aprende-banda-desenada-con-fiz/105487Aprende banda deseñada con FizFiz é o neno máis porco do mundo. Gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstractos con mocos. De maior quería ser parado de profesión, pero acaba de descubrir que hai un emprego moito máis divertido: Fiz quere ser debuxante de banda deseñada! Así non pasará fame, din que os artistas viven do aire!
Neste libro, o popular personaxe de Kiko da Silva ensínanos como se crea un cómic. Paso a paso, mediante historietas e exercicios, iranos explicando que é e como podemos crear a nosa propia banda deseñada. Será Fiz quen de deixar de facer debuxos de cacas e converterse nun verdadeiro debuxante de cómics? Aprenderá a debuxar cacas hiperrealistas?
Prepara os lapis e ven pasalo en grande xunto a Fiz neste curso de cómic.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00297401-600x787.jpg13.50instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00297401-300x300.jpg988051024691024931014189989013.500.000.002023-02-20T22:14:11+02:00
Aprende banda deseñada con Fiz
Fiz é o neno máis porco do mundo. Gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstractos con mocos. De maior quería ser parado de profesión, pero acaba de descubrir que hai un emprego moito máis divertido: Fiz quere ser debuxante de banda deseñada! Así non pasará fame, din que os artistas viven do aire!
Neste libro, o popular personaxe de Kiko da Silva ensínanos como se crea un cómic. Paso a paso, mediante historietas e exercicios, iranos explicando que é e como podemos crear a nosa propia banda deseñada. Será Fiz quen de deixar de facer debuxos de cacas e converterse nun verdadeiro debuxante de cómics? Aprenderá a debuxar cacas hiperrealistas?
Prepara os lapis e ven pasalo en grande xunto a Fiz neste curso de cómic.

Kiko da Silva (Vigo, 1979). Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, historietista, ilustrador e director editorial galego. Con tan só 16 anos publicou o seu primeiro libro ilustrado e empezou a traballar como humorista gráfico no diario «La Voz de Galicia». Un ano despois recibiría o Premio Ourense de Banda Deseñada ao mellor autor afeccionado.
Como ilustrador, o seu traballo pódese atopar en títulos como «Laia, a nena da illa» (Xerais 2006), «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis», «A memoria das árbores», «Moncho e a mancha», «¿Que contan as ovellas para durmir?» ou «Orestes perde o sentido!» (Xerais 2019).
En 2001 fundou, xunto co libreiro pontevedrés Cano Paz, a revista «BD Banda» e en 2007 lanzaría a revista satírica en galego «Retranca». Tamén foi o creador da revista infantil «Fiz», inspirada na banda deseñada da súa autoría «Fiz nos biosbardos» (2005), despois da cal publicou o álbum «Fiz, o neno máis porco do mundo» (2011), personaxe que protagoniza tamén o curso de banda deseñada «Aprende banda deseñada con Fiz» (Xerais 2019).
Entre os seus proxectos máis ambiciosos figura a creación en 2012 da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, onde exerce como director e profesor.
Na actualidade segue inmerso na produción da súa próxima novela gráfica, «Baixo a sombra das pedras flotantes.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!