Breogán Folgueira é un rapaz de catorce anos recén cumpridos, que vén de remata-lo 8º de EXB. Vive en Lugo e é fillo único dun matrimonio de traballadores.
Breogán é un lector apaixonado e gústanlle moito os relatos fantásticos e as aventuras cabaleirescas.
O libro, precisamente, ábrese cunha imaxinada víaxe de Breogán á lúa, logo da lectura do libro de Cyrano de Bergerac sobre o mesmo tema.
Unha tarde que lía o Amadís, posto en galego polo señor Ferrín, viu unha doncela que mesmo lle pareceu tan fermosa como a sen par Oriana. Esa doncela resultou ser Dosinda, unha rapaza de 1º de BUP, irmá de Denís, un compañeiro da súa clase. E así foi como deu comezo a historia de amor entre Breogán e Dosinda, onde, coma en tódalas historias de amor, hai paixón e hai celos, hai encontros e desencontros e reencontros outra volta máis.
Ó longo daquel verán, o rapaz e a rapaza terán que artellar unha chea de estratexias, sempre coa complicidade de Denís, que lles permitan verse e viví-lo seu primeiro amor adolescente.
Porque esta é unha novela de aventuras que é tamén unha novela de amor.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.