https://hablamosdelibros.es/producto/as-malas-ideas/328134As malas ideasElías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede.
María Solar ofrécenos unha obra vibrante, emotiva e de personaxes rotundos. Unha novela que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver empezar é unha lei da natureza.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/02/XG00426501-600x890.jpg9.99instockNovela literariaLiteratura00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/02/XG00426501-300x300.jpg82473982798246782461982579.990.000.002026-02-11T07:22:41+02:00
As malas ideas
Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede.
María Solar ofrécenos unha obra vibrante, emotiva e de personaxes rotundos. Unha novela que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver empezar é unha lei da natureza.

María Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana.
Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como «Ecoloxía na Aula» (1997), «O libro do noso mar» (1999), e de ficción pedagóxica, como «Boa sorte» (2008) ou «O tempo do revés» (2008). O recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: «A verdadeira historia da mosca de tele» (2012), «As meigas de Lupa» (Xerais 2012), «Teño uns pés perfectos» (2015), «O meu pesadelo favorito» (2015) ou «Os nenos da varíola» (2017). En Xerais publicou tamén a novela «As horas roubadas» (Xerais, 2016) e o libro infantil «Quokka Moka» (Xerais, 2019). En 2022 conseguiu o Premio Xerais de Novela coa obra «A culpa» (Xerais, 2022), e en 2023 quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «Adeline» (Xerais, 2024). Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!