https://hablamosdelibros.es/producto/asi-comezou-todo-15/280908Así comezou todoEste libro é unha viaxe de ida e volta en que a través de 34 historias alternas, dous poetas, Jürg Schubiger e Franz Hohler, contan e supoñen historias de cómo foi a creación. Historias sobre a creación: o ceo, a terra, a lúa, as estrelas, os seres humanos, os animais, as cousas... e sobre como comezou todo cando o grande paxaro negro abriu a porta que daba á nada. Cal foi o primeiro invento que realizaron os seres humanos? Cal foi a primeira lingua? Cal a primeira frase completa que pronunciaron? De onde lles veñen os nomes aos animais? De onde vén o frío? Por que os leóns comen carne? Por que o demo é malo? Os autores fan preguntas e encontran respostas, e fano con filosofía, cun ton poético, con seriedade e con moito humor.13.95instockLibros infantiles00.000987379876598729987559872513.950.000.002023-09-14T07:51:35+02:00
Así comezou todo
Este libro é unha viaxe de ida e volta en que a través de 34 historias alternas, dous poetas, Jürg Schubiger e Franz Hohler, contan e supoñen historias de cómo foi a creación. Historias sobre a creación: o ceo, a terra, a lúa, as estrelas, os seres humanos, os animais, as cousas… e sobre como comezou todo cando o grande paxaro negro abriu a porta que daba á nada. Cal foi o primeiro invento que realizaron os seres humanos? Cal foi a primeira lingua? Cal a primeira frase completa que pronunciaron? De onde lles veñen os nomes aos animais? De onde vén o frío? Por que os leóns comen carne? Por que o demo é malo? Os autores fan preguntas e encontran respostas, e fano con filosofía, cun ton poético, con seriedade e con moito humor.
Este libro é unha viaxe de ida e volta en que a través de 34 historias alternas, dous poetas, Jürg Schubiger e Franz Hohler, contan e supoñen historias de cómo foi a creación. Historias sobre a creación: o ceo, a terra, a lúa, as estrelas, os seres humanos, os animais, as cousas… e sobre como comezou todo cando o grande paxaro negro abriu a porta que daba á nada. Cal foi o primeiro invento que realizaron os seres humanos? Cal foi a primeira lingua? Cal a primeira frase completa que pronunciaron? De onde lles veñen os nomes aos animais? De onde vén o frío? Por que os leóns comen carne? Por que o demo é malo? Os autores fan preguntas e encontran respostas, e fano con filosofía, cun ton poético, con seriedade e con moito humor.
Jürg Schubiger nació en Zürich en 1956. Desempeñó diferentes profesiones tras estudiar Filología Alemana, Psicología y Filosofía. Entre 1969 y 1979 trabajó en la editorial pedagógica de su padre como editor, y posteriormente fue escritor independiente y psicoterapeuta en Zürich y en Tessin. Sus primeras historias aparecen en 1971, y desde 1978 publica sobre todo historias para niños. Recibió numerosos premios literarios, entre otros el Premio juvenil de literatura alemana, el Premio suizo al libro juvenil, y en 2008 el premio Hans Christian Andersen, que concede el IBBY. Falleció en su ciudad natal en 2014.
Jutta Bauer, naceu en 1955 en Hamburgo (Alemaña) e estudou na Escola Superior Técnica de Deseño. Ten ilustrado numerosos libros infantís e publicado cómics e historias ilustradas. As primeiras imaxes que publicou para as cubertas de diferentes publicacións marcaron estilo. Xunto con Christine Nóstlinger realizou un dos seus traballos máis destacados: Ein und alles, un compendio de 365 ilustracións a cor, historietas, cómics etc. Este libro foi galardoado como un dos mellores libros editados de literatura infantil e xuvenil. Actualmente, a serie Juli, con textos de Kirsten Boie en que se narran as historias dun neno que vai á escola infantil, é un dos máis populares dentro dos álbums ilustrados. Jutta Bauer tamén acompañou cos seus debuxos poéticos e máxicos o conto de Peter Stamm, Warum wir vor der Stadt wohnen. Creou ademais textos propios a través das súas imaxes, como en Selma, a historia dunha ovella na procura da felicidade, ou en Madrechillona, La reina de los colores e El ángel del abuelo, todas elas obras galardoadas. Entre outros, Jutta Bauer recibiu o Premio para Libros Ilustrados de Troisdorf, o Premio ao Libro Infantil e Xuvenil outorgado pola Conferencia Episcopal Alemá, o Premio de Literatura Infantil do land de Nordrhein-Westfalen, así como o Premio Alemán de Literatura Xuvenil.
Franz Hohler, naceu en 1943 en Biel (Suíza), pero pasou a súa infancia en Olten. Na actualidade vive en Zürich onde traballa como artista de cabaré e escritor. No ano 1965, tras estudar dous anos e medio Filoloxía Alemá e Románica, fixo o seu primeiro espectáculo en solitario, unha combinación de literatura e música. Dende entón segue actuando con frecuencia en Alemaña e Suíza, ofrecendo espectáculos unipersoais. Ademais, escribe programas para a radio e a televisión, é autor de obras de teatro e guións televisivos e ten publicadas varias novelas, como Der neue Berg e Die Steinflut. No entanto, é coñecido sobre todo polas súas historias breves para adultos e nenos. Trátase de contos curiosos e enigmáticos, a miúdo mesmo grotescos, pero que sempre convidan á reflexión. Moitos dos seus contos infantís están recompilados en Der Riese und die Erdbeerkonfitüre, con ilustracións de Nikolaus Heidelbach. Cando cumpriu sesenta anos, Franz Hohler percorreu a pé o seu país natal; desa viaxe xurdiu 52 Wanderungen. Unha das súas obras destacadas, e sen dúbida a inspiradora do presente volume Así comezou todo " (Xerais 2007), foi o traballo que Franz Hohler e Jürg Schubiger publicaron conxuntamente en 1986: Hin-und Hergeschichten.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!