«A arte de escribir consiste en dicir moito con poucas palabras», afirmaba Chéjov, o pai do conto moderno. Un reto para quen crea e unha aventura para quen le. Nestes vinte e dous relatos de «Compostela» achegámonos á cidade dende diversas voces e olladas, mais tamén fuximos dela a arrabaldes de grandes urbes, a vilas pequenas ou a barrios con encanto. Neste paseo literario gozamos de voces consagradas no xénero e doutras que se inician, xeracións diferentes que dialogan nunha mesma lingua na que constrúen historias enraizadas en nós. Cada conto é mostra do gran momento literario do país, estas páxinas son un remuíño de bolboretas mergulladas na mesma luz, a da literatura galega. (Malores Villanueva)
A cousa é que a nave foi. E con esta xa van tres… E esta, como di un amigo meu que canta moito e moi ben, «Partiu!». (Pedro Feijoo)
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.