https://hablamosdelibros.es/producto/conciencia-politica-e-literatura-galega-en-madrid/99242Conciencia política e literatura galega en MadridConciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analiza a «historia vivida» da literatura galega en Madrid, ao tempo que reconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegos que foron quen de conformar, nunhas circunstancias de opresión política e cultural, unha conciencia político-lingüística e un discurso literario galegos en Madrid nos últimos cincuenta anos do século XX.
Con este marco de referencia, Ana Acuña establece cinco etapas, cinco tramos cronolóxicos a través dos cales se moven os principais grupos xunto con outros menos cohesionados e menos disidentes: 1952-1954 (Mocedade Universitaria Castelao), 1958-1961 (Brais Pinto), 1965-1969 (Seminario de Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco de Madrid), 1974-1986 (Lóstrego, Irmandade Galega, Irmandade Galega-Lóstrego) e 1996-2000 (Grupo Bilbao).
Na obra, onde aparecen as voces de 54 protagonistas destes grupos, recollidas con exquisita metodoloxía e presentadas con rigor e fluidez pola autora, amósase de que xeito os madrigalegos crearon unha serie de rexistros necesarios para a reconstrución do sistema literario galego e para o devir histórico de Galicia. https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00198501-600x910.jpg28.50instockHistoriaCiencia historia y sociedad00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00198501-300x300.jpg10750710643510737510729910705328.500.000.002023-02-20T18:29:54+02:00
Conciencia política e literatura galega en Madrid
Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analiza a «historia vivida» da literatura galega en Madrid, ao tempo que reconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegos que foron quen de conformar, nunhas circunstancias de opresión política e cultural, unha conciencia político-lingüística e un discurso literario galegos en Madrid nos últimos cincuenta anos do século XX.
Con este marco de referencia, Ana Acuña establece cinco etapas, cinco tramos cronolóxicos a través dos cales se moven os principais grupos xunto con outros menos cohesionados e menos disidentes: 1952-1954 (Mocedade Universitaria Castelao), 1958-1961 (Brais Pinto), 1965-1969 (Seminario de Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco de Madrid), 1974-1986 (Lóstrego, Irmandade Galega, Irmandade Galega-Lóstrego) e 1996-2000 (Grupo Bilbao).
Na obra, onde aparecen as voces de 54 protagonistas destes grupos, recollidas con exquisita metodoloxía e presentadas con rigor e fluidez pola autora, amósase de que xeito os madrigalegos crearon unha serie de rexistros necesarios para a reconstrución do sistema literario galego e para o devir histórico de Galicia.

Ana Acuña (Marín, 1971), doutora en Filoloxía Galega e profesora na Universidade de Vigo, é autora de traballos sobre lingua e literatura, particularmente galega. Foi secretaria de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos e integra o seu consello de redacción, pertence ao comité editorial da Revista de Investigación en Educación e ao consello asesor de Culturas Populares. Revista Electrónica. A maioría das súas investigacións (centradas no exilio e na emigración, nas relacións entre a fraseoloxía e a literatura popular, na literatura popular de transmisión oral, na oratura, no feito literario alofónico e nos escritores pontevedreses ou vinculados á cidade de Pontevedra) encóntranse en publicacións periódicas e en volumes colectivos.
Entre as súas monografías destacan os ensaios Xoán Vidal. Voz e memoria (2005), Dicionario Xosé María Álvarez Blázquez (2008), Roteiro Xoán Manuel Pintos (en coautoría, 2011) e as edicións Pontevedra literaria (en coedición, 2007), Os poetas galegos (1936): antoloxía consultada de Xosé Filgueira Valverde (en coedición, 2008), Poesía completa de Lois Pereiro (Xerais, 2011) e Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) (Xerais, 2014).
Participou, como investigadora externa, no proxecto poesiagalega.org e, na actualidade, no proxecto «Ex-sistere. A mobilidade das mulleres na literatura galega e irlandesa contemporánea».
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"99242","price":"28.50","category":"historia","name":"Conciencia pol\u00edtica e literatura galega en Madrid"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!