https://hablamosdelibros.es/producto/de-paraugas/106109De paraugasA imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador. Ó comezarmos a lectura váisenos desvelando e explicando a imaxe, agás en «Mónica dos dous paraugas» e mais en «A volta do rodeo», relatos nos que temos que agardar ó final para descubrir o que une imaxe e texto.
Habitantes do país da chuvia, Paco Martín e Daniel Puente Bello poñen o foco nos paraugas para facelos protagonistas deste libro.
"Hai moitas historias de paraugas na miña provincia galega e todas as que coñezo supoñen que os paraugas voan" Álvaro Cunqueirohttps://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00259401-600x922.jpg19.95instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00259401-300x300.jpg987139874198711987079873919.950.000.002023-02-21T00:38:07+02:00
De paraugas
A imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador. Ó comezarmos a lectura váisenos desvelando e explicando a imaxe, agás en «Mónica dos dous paraugas» e mais en «A volta do rodeo», relatos nos que temos que agardar ó final para descubrir o que une imaxe e texto.
Habitantes do país da chuvia, Paco Martín e Daniel Puente Bello poñen o foco nos paraugas para facelos protagonistas deste libro.
“Hai moitas historias de paraugas na miña provincia galega e todas as que coñezo supoñen que os paraugas voan” Álvaro Cunqueiro

Paco Martín (Lugo, 1940). Mestre xubilado. Colaborador en diversos medios de comunicación, foi Premio Puro Cora de xornalismo, 1994. É autor de libros de texto para o ensino da lingua galega. Entre a trintena de libros que escribiu, destaca como o máis premiado "Das cousas de Ramón Lamote" (1985), Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986), e Lista de Honra do IBBY (1986). En Xerais ten publicados: "Servando I, rei do mundo enteiro" (1990), "Un robot pequeno" (1991), "A rula, o peluche e a nena" (2015) e "De paraugas" (2016).
Nacín na cidade (A Coruña, 1974), mais a miña vida está alí onde atope os lugares en que a natureza estea o menos deturpada posíbel pola presenza humana. Os montes que obrigan a camiñar polo travesío, as chairas que lle dan á ollada largacía, os ceos estrelados que nos pintan de puntiños a infinidade... Eses foron e son os camiños que procura a miña mirada. Estudei bioloxía, pero turrou máis de min a fotografía e perseguín paisaxes por toda Galiza, pero tamén nas selvas tropicais, onde fotografei as fermosas luces que atravesan por entre as pólas e as follas e a duras penas chegan ao chan. Subín ao Círculo Polar Ártico onde os salgueiros só se erguen un palmo e as «luces do norte» aluman unha natureza primixenia. Tamén retratei a cidade e a xente co mesmo amor que poño nunha fraga ou nesa chuvia que tanto amola aos habitantes da urbe, incapaces de ver que esa auga é a Natureza que se nos mostra por enriba dos nosos caprichos e desexos de dominala, esa Natureza que redime o asfalto e fai xermolar unha herbiña ao pé dunha fachada. Fixen exposicións, ilustrei libros e cubertas, fotografía de cinema, videoclips, booktrailers..., pero a felicidade atópoa na emoción de poñer a cámara fronte ao cumio dunha montaña ou no mar, e agardar o milagre da luz.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!