Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e comprometido narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916 – 0 Grove, 1990). Con ela péchase o ciclo, que comezara coa Escolma ferida (1977) e que continuou, ademais doutros libros poéticos, con Nova escolma ferida (1988). Este poemario inédito e póstumo, que o autor deixou disposto para a súa publicación, nesta ocasión en edición de Ramón Nicolás e con limiar de Xesús Alonso Montero, é tamén unha revisión actualizada da súa obra anterior, un achegamento á rotundidade e ao lirismo da súa voz, unha ocasión para revisitarmos a polifonía e sinceridade dun autor cuxa obra o tempo non eslúe nin desgasta.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.