https://hablamosdelibros.es/producto/do-estigma-a-estima/99508Do estigma á estimaValentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obxectivo de mudar a situación e de que se free a tendencia desgaleguizadora de hai décadas.
Esta obra baséase en grupos de discusión con mozos e mozas de educación secundaria de distintos contextos galegofalantes que, debido ás actitudes que posúen cara ao seu propio idioma e ás normas de uso social que teñen interiorizadas, mudan do galego ao castelán en determinadas situacións e mesmo abandonan a súa lingua definitivamente.
Cun estilo áxil e manexando argumentos rigorosos, a autora considera que cómpre mudar o imaxinario social do galego para que as persoas galegofalantes decidan conservar a lingua propia. Neste sentido, propón reformular as perspectivas de actuación no ensino, así como certos enfoques na planificación, promoción e normalización do galego, e recolle varias propostas sobre novos discursos e estratexias.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00208901-600x910.jpg22.95instockLiteratura00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00208901-300x300.jpg987379870798703987299876722.950.000.002023-02-20T18:39:43+02:00
Do estigma á estima
Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obxectivo de mudar a situación e de que se free a tendencia desgaleguizadora de hai décadas.
Esta obra baséase en grupos de discusión con mozos e mozas de educación secundaria de distintos contextos galegofalantes que, debido ás actitudes que posúen cara ao seu propio idioma e ás normas de uso social que teñen interiorizadas, mudan do galego ao castelán en determinadas situacións e mesmo abandonan a súa lingua definitivamente.
Cun estilo áxil e manexando argumentos rigorosos, a autora considera que cómpre mudar o imaxinario social do galego para que as persoas galegofalantes decidan conservar a lingua propia. Neste sentido, propón reformular as perspectivas de actuación no ensino, así como certos enfoques na planificación, promoción e normalización do galego, e recolle varias propostas sobre novos discursos e estratexias.

Valentina Formoso Gosende (Ribademar-Outes, 1970), licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e hispánica, doutorouse coa tese A lingua galega no ámbito empresarial: usos e representacións sociolingüísticas.
Profesora na actualidade de lingua galega, literatura galega e portugués no ensino secundario, a súa traxectoria profesional estivo sempre ligada ao ámbito da normalización lingüística: creación e dirección do departamento de normalización lingüística na Confederación de Empresarios de Galicia, participación e dirección de Equipos de normalización lingüística de centros de ensino, e coordinación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL).
Conta con publicacións, fundamentalmente centradas neste campo, en revistas especializadas (Ela, revue de sociolingüistique, Lengas, entre outras) e en obras colectivas. Tamén leva investigado e publicado artigos sobre fonética e terminoloxía científico-técnica, traballos que aparecen recollidos en obras como Manual de galego comercial, Dicionario de termos económicos e empresariais e Vocabulario do sector téxtil.
Ademais, impartiu conferencias e actividades formativas sobre sociolingüística, desenvolveu proxectos europeos e coordinou proxectos premiados en innovación educativa.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!