Logo de que o Supremo Alcalde Maior decrete o confinamento dos habitantes do Centro Comercial no interior das súas vivendas por mor da aparición dun maléfico virus sobre o que non se dá nin a máis mínima explicación, só unha persoa, un tal D.R., descendente dunha familia que leva varias xeracións instalada no lugar, empeza a sospeitar acerca de cousas que non comprende, e comeza a facer unha serie de investigacións que provocan o seu enfrontamento co poder.
Nada pode alterar o perfecto ritmo que leva a vida no interior do Centro Comercial, onde toda persoa parece ter dereito a vivir nun mundo de fantasía mentres a ninguén se lle ocorra saír do rego para empezar a transitar o que Megafonía considera un camiño equivocado.
En «Doce voz de Megafonía» constrúese unha historia que retrata a capacidade da cidadanía para se deixar manipular por aqueles que teñen o poder e que farán todo o posíbel até conseguir que se dea creto aos enganos, embustes e mentiras que poidan utilizar para acadar as súas pretensións.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.